Análise de incendios forestais

Código:

242095

Data de inscrición:

20/03/2024 - 01/04/2024

Número da edición:

1

Horas docentes:

120

Prazas:

40

Modalidade:

En liña

Data Inicio - Fin:

08/04/2024 - 13/12/2024

Aula/local:

Curso en liña a través da plataforma da Agasp

Horario:

segundo disposición e necesidade do alumnado

Días:

08/04/2024 ao 13/12/2024

Obxectivos:

- Persoal técnico dos distritos forestais (15 prazas – 4 para os distritos I a V, 4 para os distritos VI a X, 4 para os distritos XI a XV e 3 para os distritos XVI a XIX)

- Persoal técnico dos servizos provinciais e servizos centrais do SPIF (10 prazas – 2 CCP Coruña, 2 CCP Lugo, 2 CCP Pontevedra, 2 CCP Ourense, 2 CCC)

- Axentes forestais e axentes facultativos medioambientais dos distritos forestais e de servizos centrais do SPIF (15 prazas - 3 para os distritos I a V, 3 para os distritos VI a X, 3 para os distritos XI a XV, 3 para os distritos XVI a XIX e 3 para servizos centrais)

- No caso de quedar prazas dispoñibles dentro de algún ámbito acumularanse para ser ocupadas por unha lista única de persoal técnico e axentes, de ámbito autonómico

Contido:

Módulo 1. Teño un problema chamado incendio forestal (4 horas)
Módulo 2. Comprendendo o lume, das lapas ao combustible que propaga. Que quere e que pode facer o incendio? (24 horas)
Módulo 3. Executando manobras en base a miña capacidade de extinción. Que quero e que podo facer? (63 horas)
Módulo 4. Resposta organizada sobre os incendios: principios tácticos e modelos estratéxicos (39 horas)

Destinatarios:

- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Axentes Facultativos Medioambientais da Consellería de Medio Rural
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Axentes Forestais da Consellería de Medio Rural
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Técnico/a de distrito

Destinatarios específicos:

- Persoal técnico dos distritos forestais e de servizos centrais
- Axentes forestais e axentes facultativos medioambientais dos distritos forestais e de servizos centrais do SPIF

Distribución........................... Co Lu Ou Po SSCC Total
Técnicos CCP/CCC .............. 2 2 2 2 2 10
Técnicos distrito................... 4 4 4 3 15
Axentes ............................ 3 3 3 3 3 15

Requisitos:

REQUISITOS XERAIS
- Persoal técnico dos distritos forestais e de servizos centrais
- Axentes forestais e axentes facultativos medioambientais dos distritos forestais e de servizos centrais do SPIF

- É requisito ACREDITAR estar en posesión da titulación de Técnico Superior en Xestión Forestal e do Medio Natural ou equivalente, Grao en Enxeñaría Forestal e do medio Natural, Enxeñaría Técnica Forestal ou Enxeñaría de Montes ou equivalente. Os/as axentes solicitantes deberán enviar a documentación xustificativa dentro do período de inscrición ao correo electrónico coordinacion-medios.medio-rural@xunta.gal .

- Terá prioridade o persoal fixo sobre o temporal

- Terá prioridade o persoal con maior antigüidade na administración autonómica, contabilizada como número de trienios e data de vencemento do último trienio.

- En caso de ser necesario, o desempate realizarase pola orde de inscrición.

- De acordo coa Lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia reservarase un 50 por cento das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.

Inscrición:

gratuita

Publicacións admitidas:

RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.

- As renuncias con menos de 3 días hábiles de antelación ao comezo do curso teñen que ser xustificadas documentalmente.

Requests:

DURANTE O PRAZO DE SOLICITUDES
É requisito ACREDITAR estar en posesión da titulación de Técnico Superior en Xestión Forestal e do Medio Natural ou equivalente, Grao en Enxeñaría Forestal e do medio Natural, Enxeñaría Técnica Forestal ou Enxeñaría de Montes ou equivalente. Os/as axentes solicitantes deberán enviar a documentación xustificativa dentro do período de inscrición ao correo electrónico coordinacion-medios.medio-rural@xunta.gal .