Básico de motoserras

Código:

242092

Data de inscrición:

15/03/2024 - 25/03/2024

Número da edición:

3

Horas docentes:

16

Prazas:

20

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

13/04/2024 - 14/04/2024

Lugar:

Cortegada (Ourense)

Localización:

Casa do concello

Aula/local:

Casa do concello de Cortegada. Salon de Plenos

Horario:

9.00-14.00 e 15.30-18.30

Días:

13 e 14 de abril de 2024

Obxectivos:

Adquirir a formación necesaria para participar con seguridade en intervencións de retirada de emerxencia de árbores caídas ou pólas de árbores desprendidas.

Contido:

1. INTRODUCIÓN (0,50 horas)
2. SEGURIDADE (3 horas)
2.1. Conceptos básicos sobre seguridade
2.2. Equipos de protección individual (EPI)
3. A MOTOSERRA (2 horas)
3.1. Tipos de motoserra, elección da máquina segundo o traballo, dispositivos de seguridade da máquina
3.2. Funcionamento da motoserra: mantemento, posta en marcha, técnicas de arranque, afiado, posta a punto e reposición de aceites, filtros, combustible...
4. PRÁCTICA: Derriba de árbores, técnicas básicas (4 horas)
5. PRÁCTICA: Derrame e técnicas de derrame (4 horas)
6. PRÁCTICA: Tronzado e retirada das árbores caídas (2,50 horas)

Destinatarios:

- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl

Destinatarios específicos:

Voluntarios en activo dunha avpc de Galicia


Requisitos:

1. REQUISITOS XERAIS:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso

3. EQUIPAMENTO:
- OBRIGATORIO: uniforme de traballo e botas de seguridade anticorte.
- OPCIONAL.
a. Casco con protección facial e auditiva ou similar.
b. Luvas de seguridade.
c. Pantalón de protección.

4. CRITERIOS DE SELECCIÓN:
1º De acordo coa lei de igualdade da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, reservarase un 50 % das prazas para mulleres que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria.
2º Reservarase un 40% das prazas para os solicitantes con residencia no concello onde se realice o curso cando curso sexa presencial
3º Teñen preferencia as persoas con residencia na provincia onde se realice o curso
4º Menor número de actividades feitas na Agasp nos últimos 2 anos.
5º Data e hora na presentación de solicitudes

Inscrición:

Gratuita

DOG NÚM 53 - 14/03/2024

Publicacións admitidas:

RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente, de non facelo así será penalizado coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de 6 meses.