Rescate en lugares de dificil acceso (II)

Código:

242066

Data de inscrición:

07/03/2024 - 13/03/2024

Número da edición:

1

Horas docentes:

24

Prazas:

12

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

03/04/2024 - 05/04/2024

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Aula 5

Horario:

09:00-14:00/16:00-19:00

Días:

3, 4 e 5 de abril de 2024

Contido:

Módulo teórico (4 horas):
1. Normas aplicables, tipos ensaio e certificación equipos, medios, materiais avanzados e cordas
2. Técnicas rescate, realización ancoraxes, nós avanzados

Módulo práctico (20 horas):
1. Técnicas de rescate
2. Nós, ancoraxes e fraccionamentos
3. As cordas: en rescate vertical, cambio en suspensión
4. Trípode para rescate en pozos e locais subterráneos
5. Polipastos e polifrenos
6. Salvamento de persoas accidentadas:
a) En suspensión con desbloqueo do anticaídas o bloqueador do accidentado
b) En padiola no interior dun recinto subterráneo

Destinatarios:

- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl

Destinatarios específicos:

Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).

Requisitos:

1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Ter o curso de rescate en lugares de dificil acceso (I)
c) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.

2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.

Inscrición:

gratuita

Publicacións admitidas:

RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente, de non facelo así será penalizado coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de 6 meses.