Tiro policial + Stop The Bleed

Código: 241100
Data de inscrición: 26/04/2024 - 16/05/2024
Número da edición: 1
Horas lectivas: 15
Prazas: 24
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 06/06/2024 - 07/06/2024
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 1 // Galería de tiro
Horario: De 9.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas
Días: 6 e 7 de xuño en horario de 9.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas
Contido:
- Adquirir técnicas aplicables ó ámbito do tiro policial.
- Potenciar o desenvolvemento das habilidades individuais e grupais do alumnado.
- Adquirir valores culturais como o sacrificio, o respecto e compañeirismo mediante o ensino dun tiro policial e de combate correcto, a través das técnicas e disciplinas que conleva a execución do presente curso.
- Adquirir destrezas dirixidas a repeler agresións, manexo das armas de fogo con seguridade, eficacia e soltura.
- Adquisición de técnicas concretas para a resolución de supostos operativos do servizo policial.
- Adquisición de técnicas e procedementos básicos de cómo tratar una ferida por hemorraxia masiva.
Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia
Destinatarios específicos:
Persoal das forzas e corpos de seguridade que traballan na Comunidade Autónoma de
Galicia.
As prazas serán repartidas en condicións de igualdade entre o persoal da Policía Local,
do Corpo Nacional de Policía, da Garda Civil e da Unidade da Policía Adscrita á Comunidade Autónoma.
O 50 % das prazas para cada unha das accións formativas, ofertadas mediante esta
resolución ao Corpo Nacional de Policía, estará reservada aos afiliados ao Sindicato Unificado de Policía.
A baixa laboral por incapacidade temporal impide a participación nas accións formativas
e non dá lugar á penalización estipulada na base quinta da presente resolución.
Será revisable a admisión de persoas en baixa laboral por incapacidade temporal cando
esta veña producida por accidente de traballo recoñecido como tal e a asistencia ao curso
non interfira na recuperación.
No caso de considerarse oportuno, poderá acceder aos cursos persoal das forzas e corpos de seguridade pública que traballen en Galicia con competencias directas na materia
que se vai desenvolver, e reservaranse expresamente prazas para eles.
Se as solicitudes para participar nun curso non superan as 10 persoas, a Agasp resérvase a facultade de anular a actividade formativa.