II xornada DFIR Galicia de cibercriminalidade

Código:

241093

Data de inscrición:

05/04/2024 - 23/04/2024

Número da edición:

1

Horas docentes:

8

Prazas:

0

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

25/04/2024 - 25/04/2024

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Salón de actos

Horario:

De 9.30 a 19.30 horas

Días:

25 de abril en horario de 9.30 a 19.30 horas

Obxectivos:

Como continuación á realización da I Xornada DFIR Galicia o pasado ano, e vendo a importancia de dar continuidade á mesma, este mes de abril convócase a II Xornada DFIR organizada pola Academia Galega de Seguridade Pública, orientadas aos profesionais que forman parte do proceso penal en calquera dos seus partes.

A ninguén se lle escapa a necesidade de formarse nun ámbito tan cambiante como a ciberseguridade, nun ano no que a estrela sen ningunha dúbida está a ser a Intelixencia Artificial en todas as súas facetas, incluíndo a súa capacidade de emprego no mundo do cibercrimen. Igualmente, a visión dos actores económicos neste mundo, ás veces tan complexo, é un elemento fundamental para entender moitas das actividades ilícitas que levan a cabo na internet e en redes de comunicacións.

Tamén se deseñou para a tarde desta II Xornada unha serie de talleres especializados, nos que os alumnos guiados por profesores provenientes do mundo académico e profesionais de seguridade, achegarán o coñecemento necesario para profundar en técnicas forenses relacionadas con sistemas operativos, malware ou aplicacións contenerizadas.

Coa realización desta II Xornada buscouse a combinación do punto de vista de profesionais de referencia das áreas de Intelixencia Artificial, métodos de pago e criptomonedas, así como o guiado práctico #ante determinados problemas na análise forense e as periciais con sistemas informáticos.

Contido:

1. Intelixencia artificial aplicada ao mundo da ciberseguridade.
2. Intelixencia artificial, regulación.
3. Medios de pagamento.
4. «Bitcoin, blockchain e outros termos».
5. Bases forenses para aplicacións contenerizadas.
6. Análise forense de redes.
7. Análise forense de malware.
8. Introdución á análise forense de sistemas Linux.

Destinatarios:

- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Outros Destinatarios
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia
- Xustiza

Destinatarios específicos:

Persoal destinatario: persoal das forzas e corpos de seguridade, Xudicatura, Ministerio
Fiscal e profesionais dedicados á resposta ante incidentes, investigación e/ou análise forense de equipos informáticos e demais persoal interesado

Inscrición:

3. Solicitudes de participación.
a) O persoal que desexe participar no curso convocado nesta resolución deberá cubrir o
formulario de matrícula telemática na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal
Non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.
b) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes
dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que
se detecte o feito.
c) É obrigatorio consignar no formulario de solicitude un número de teléfono móbil e un
correo electrónico co fin de poder realizar as notificacións necesarias.
d) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente os datos necesarios para realizar o proceso selectivo do alumnado, que non se
axusten ao formulario de solicitude ou que sexan presentadas fóra de prazo.

Requests:

4. Formulario normalizado de solicitude.
a) Os formularios de solicitude a que se refire a base anterior serán obtidos e cubertos
pola persoa solicitante necesariamente a través da páxina web da Academia Galega de
Seguridade Pública, que poden encontrar no enderezo da internet http://agasp.xunta.gal
b) Para cubrir correctamente os formularios de solicitude, no citado enderezo da internet
disporase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas
persoas solicitantes.
c) Os formularios poderán ser obtidos e cubertos ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
d) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán
dirixirse á Agasp a través do número de teléfono 886 20 61 10, ou do enderezo de correo
electrónico formacion.agasp@xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar
a presentación de solicitudes.
A Agasp publicará diariamente a listaxe de persoas admitidas desde o día 18 de abril
de 2024 no sitio web: agasp.xunta.gal