Ocupación ilegal de inmobles

Código:

241025

Data de inscrición:

13/02/2024 - 21/02/2024

Número da edición:

1

Horas docentes:

20

Prazas:

35

Modalidade:

Semipresencial (en liña + presencial)

Data Inicio - Fin:

04/03/2024 - 30/03/2024

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Horario:

exame + clase prsencial: 2 abril de 18.00 a 20.00 horas

Días:

Do 4 ao 30 de marzo a través da plataforma de teleformación da AGASP. O día 2 de abril desenvolverase o exame final presencial mais unha clase presencial de 18.00 a 20.00 horas

Obxectivos:

Tipos penais e actuación policial

Preténdese con este curso facer unha análise do fenómeno da ocupación ilegal de inmobles, que vén dando nos últimos anos en paralelo á crise económica e a determinados cambios sociais.

Os corpos policiais son na maioría dos casos os primeiros en actuar, polo que se estudarán os tipos penais básicos relacionados con este fenómeno: delito de violación de morada (artigo 202 CP), delito de usurpación de ben inmoble (artigo 245 CP).

Ademais, analízase a xurisprudencia relacionada e o papel de xuíces e fiscais. O coñecemento de todos estes elementos fará máis fácil a toma de decisións do policía nunha cuestión tan problemática, na que debe ponderarse a protección de distintos bens xurídicos.

A formación vai dirixida a calquera membro das forzas e corpos de seguridade de Galicia que teña que actuar nun caso de ocupación ilegal, ben sexa na recollida de denuncia e confección do correspondente atestado ou ben nunha actuación policial no propio inmoble.

Contido:

1. Que é o fenómeno okupa. Bens xurídicos protexidos. Tipos penais relacionados
2. Condutas punibles. Regulación en países da nosa contorna. Outras vías de actuación.
3. Tipoloxías de ocupantes de vivendas. Outros delitos asociados á ocupación.
4. Actuación policial en casos de ocupación ilegal. Que debemos incluír en dilixencias policiais
5. Papel de xuíces e fiscais. O desaloxo como medida cautelar.
6. Resolución de casos prácticos. Xurisprudencia
7. Avaliación

Destinatarios:

- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia