Delitos contra a saúde pública. Tenencia e tráfico de drogas

Código: 241024
Data de inscrición: 13/02/2024 - 21/02/2024
Número da edición: 1
Horas lectivas: 27
Prazas: 50
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 26/02/2024 - 11/03/2024
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Sala de conferencias
Horario: De 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
Días: 26 febreiro, 4 e 11 de marzo en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
Obxectivos:
Trátase de realizar un curso teórico-práctico no ámbito do tráfico de drogas ao “menudeo” onde a Policía Local pode exercer as súas competencias. Darase un prisma xurídico con recoñecidos maxistrados e
fiscais e unha parte operativa coa colaboración do Servizo de Vixilancia Aduaneira e da propia Policía Local.
Os alumnos poderán adquirir os coñecementos e habilidades para erradicar calquera punto de venda de droga no seu municipio e tamén actuar #ante a mera tenencia de droga tóxica, estupefacientes ou
psicotrópicos.
Contido:
PARTE XURÍDICA
- Competencia da Policía Local para investigar delitos contra a saúde pública. Tráfico de drogas.
- Requisitos constitutivos do delito de tráfico de drogas.
- Posesión ou tenencia.
- Outras dilixencias necesarias, (cadea de custodia etc.)/ etc.).
- Operativa e motivación para solicitar unha entrada e rexistro domiciliario por tráfico de drogas.

PARTE OPERATIVA
- Operativa para realizar servizos en prevención do tráfico de drogas (menudeo).
- Medios encubertos que se poden utilizar para a operativa policial.
- Metodoloxía de seguimentos co fin de incautar droga.
- Informes operativos.
- Operativa real de seguimentos por grupos de posibles autores, co fin de realizar informes operativos e instrución de dilixencias polos propios alumnos.
Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia