Colaboración do voluntariado de protección civil en dispositivos ante grandes concentracións humanas

Código:

232167

Data de inscrición:

19/09/2023 - 28/09/2023

Número da edición:

3

Horas docentes:

20

Prazas:

40

Modalidade:

En liña

Data Inicio - Fin:

11/10/2023 - 03/11/2023

Aula/local:

curso en liña a través da plataforma da Agasp (https://formacion-agasp.xunta.gal)

Horario:

segundo disposición e necesidade do alumnado

Días:

11/10/2023 ao 03/11/2023

Contido:

Módulo I: Dispositivos preventivos ante grandes concentracións humanas (5 horas)
Módulo II: Fases da organización de dispositivos ante grandes concentracións humanas (5 horas)
Módulo III: Aspectos psicosociais ante grandes concentracións humanas (10 horas)

Destinatarios:

- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl

Destinatarios específicos:

voluntarios de AVPC de Galicia

Requisitos:

1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3. Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning)
4. Non está permitida a realización de cursos relacionados na presente convocatoria que teñan simultaneidade nalgunha das súas datas. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia de datas con outro no cal xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles.
5. Os solicitantes que realizasen anteriormente o curso só poderán ser seleccionados para realizalo no suposto de existiren vacantes

Inscrición:

gratuita

DOG núm 177 - 18/09/2023

Publicacións admitidas:

RENUNCIAS
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.