Básico en altura

Código:

232162

Data de inscrición:

19/09/2023 - 28/09/2023

Número da edición:

3

Horas docentes:

16

Prazas:

24

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

30/10/2023 - 31/10/2023

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

aula 10

Horario:

09:00-14:00/15:30-18:30

Días:

30 e 31 de outubro de 2023

Contido:

MÓDULO 1: O MATERIAL DE RESCATE
- Definición, tipos e características do material de rescate.
- O equipamentos persoal e o equipamento común.
- Revisión e mantemento do material.
- Conceptos básicos de seguridade.
- Instalacións normalizadas.
MÓDULO 2: PRÁCTICAS DE RESCATE
- Instalación de liñas.
- Progresión básica normalizada de ascenso e descenso.
- Progresión con paso de nós e fraccionamentos
MÓDULO 3: PRÁCTICAS DE TÉCNICAS DE AUTORRESCATE
MÓDULO 4: PRÁCTICAS DE TÉCNICAS DE RESCATE A UNHA VÍTIMA

Destinatarios:

- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias

Destinatarios específicos:

- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.

Requisitos:

1) Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
2) Os solicitantes que realizasen o curso anteriormente so poderán ser seleccionados no suposto de existiren vacantes.
3) Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade nalgunha das súas datas. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia de datas con outro no cal xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles.

Inscrición:

gratuita

DOG núm 177 - 18/09/2023

Publicacións admitidas:

RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente, de non facelo así será penalizado coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de 6 meses.