Investigación causal de incendios

Código:

232161

Data de inscrición:

19/09/2023 - 28/09/2023

Número da edición:

2

Horas docentes:

40

Prazas:

40

Modalidade:

En liña

Data Inicio - Fin:

09/10/2023 - 21/11/2023

Aula/local:

curso en liña a través da plataforma da Agasp

Horario:

segundo disposición e necesidade do alumnado

Días:

09/10/2023 ao 21/11/2023

Contido:

Módulo 1. Os servizos de prevención, extinción de incendios e salvamento (SPEIS) e a investigación causal de incendios (2 horas)
Módulo 2. Método de investigación: determinación da causalidade e orixe do foco (8 horas)
Módulo 3. O inicio da investigación: a resposta inmediata a emerxencias. Toma de datos (8 horas)
Módulo 4. O elemento causal. A recollida de datos para a análise da información (12 horas)
Módulo 5. Outras marcas de lume. A transmisión de información (5 horas)
Módulo 6. O informe de investigación causal emitido polos SEIS/SPEIS (5 horas)

Destinatarios:

- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias

Destinatarios específicos:

- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios) - 60%
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES) - 30%
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias - 10%

Requisitos:

1) Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso
2) Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning)
3) Os solicitantes que realizasen o curso anteriormente so poderán ser seleccionados no suposto de existiren vacantes.
4) Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade nalgunha das súas datas. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia de datas con outro no cal xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles.

Inscrición:

gratuita

DOG núm 177 - 18/09/2023

Publicacións admitidas:

RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente, de non facelo así será penalizado coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de 6 meses.