Investigación de incendios forestais (nivel básico)

Código:

232156

Data de inscrición:

15/09/2023 - 25/09/2023

Número da edición:

1

Horas docentes:

30

Prazas:

40

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

20/11/2023 - 24/11/2023

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Sala de conferencias

Horario:

Tódolos días: 8.30 a 15.00 horas/ o xoves de 9.00 a 17.00 con descanso de 13.00 a 14.30 para a comida.

Días:

20, 21, 22, 23 e 24 de novembro de2023

Contido:

1. Investigación de causas e a súa clasificación (1 hora)
2. Estatística da causalidade en Galicia (1 hora)
3. Comportamento do lume (2 horas)
4. Meteoroloxía (2 horas)
5. Fases iniciais e xeometría do lume (1 hora)
6. Método de evidencias físicas. Identificación e lectura de vestixios (2,5 horas)
7. Cadro de indicadores de actividade (1 hora)
8. Determinación e validación do punto de inicio (1,5 horas)
9. Proba material. Proba persoal. Relación entre ambas (1 hora)
10. Establecemento e validación da hipótese central. Tratamento da información (1 hora)
11. Informe técnico. Xeración de documentación (2 horas)
12. Aplicacións informáticas para a investigación de incendios forestais (1,5 horas)
13. Prácticas de campo (7 hora)
14. Determinación de situacións de risco (1 hora)
15. Casos prácticos de investigación. Exame (1 hora)
16. Participación dos axentes forestais/ambientais no procedemento penal do delito de incendio forestal (2 horas)
17. Mesa redonda sobre o procedemento penal do delito de incendio forestal. Clausura do curso (1,5 horas)

Destinatarios:

- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Axentes Facultativos Medioambientais da Consellería de Medio Rural
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Axentes Forestais da Consellería de Medio Rural

Destinatarios específicos:

- 30 prazas reservadas a axentes forestais e axentes facultativos medioambientais
- 5 prazas para UPA
- 5 para GC-Seprona

Requisitos:

1. É requisito NON ter realizado anteriormente ningún curso de investigación de incendios forestais.
2. Criterios propios da Agasp:
1º De acordo co artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, reservarase un 50 % das prazas para mulleres que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria.
2º Menor número de actividades feitas na Agasp nos últimos 2 anos.
3º Data e hora na presentación de solicitudes

Inscrición:

gratuita

Publicacións admitidas:

RENUNCIA
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal