Emprego de maquinaria pesada na loita contra incendios forestais - técnicos

Código: 232151
Data de inscrición: 15/09/2023 - 25/09/2023
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 36
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 07/11/2023 - 10/11/2023
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Sala de Conferencias
Horario: 9 a 14 horas
Días: 07/11/2023 ao 10/11/2023
Contido:
Módulo 1. Maquinaria pesada: caracterización, tipos, utilidades e integración nas actividades de extinción (5 horas)
Módulo 2. Traballos de prevención de incendios forestais con maquinaria pesada (5 horas)
Módulo 3. Práctica en campo con tractor de cadeas e camión góndola (10 horas)
Persoas destinatarias:
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Técnico/a de distrito
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Xefatura de distrito
Destinatarios específicos:
Técnicos dos distritos forestais e dos servizos provinciais de Prevención de Incendios Forestais / Servizos Centrais
Xefes dos distritos forestais e dos servizos provinciais de Prevención de Incendios Forestais / Servizos Centrais

Maquinistas dos bulldozers que traballaron no ano 2023 nos reténs de maquinaria do SPIF
Requisitos:
Técnicos dos distritos forestais e dos servizos provinciais de Prevención de Incendios Forestais / Servizos Centrais
Xefes dos distritos forestais e dos servizos provinciais de Prevención de Incendios Forestais / Servizos Centrais
8 prazas reservadas para cada unha das 4 provincias onde preste servizo o/a traballador/a e os propios da Agasp.
4 prazas reservadas a maquinistas de retén 2023

Criterios de selección:
1. Terá prioridade o persoal que non fixese a mesma formación nos últimos 3 anos.
2. Criterios de selección propios da Agasp:
1º De acordo co artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, reservarase un 50 % das prazas para mulleres que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria.
2º Menor número de actividades feitas na Agasp nos últimos 2 anos.
3º Data e hora na presentación de solicitudes
Inscrición:
gratuita
Publicacións admitidas:
RENUNCIA
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal