Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias

Código:

232110

Data de inscrición:

19/04/2023 - 25/04/2023

Número da edición:

2

Horas docentes:

25

Prazas:

24

Modalidade:

Semipresencial (en liña + presencial)

Data Inicio - Fin:

03/05/2023 - 25/05/2023

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

TEORIA en liña / PRÁCTICA presencial na AGASP - aula TAU

Horario:

TEORÍA en liña: 3 ao 23 maio ((horario segundo as necesidades do alumnado)- PRÁCTICA: 25 maio: 9.00-14.00 e 15.30-20.30

Días:

03/05/2023 ao 25/05/2023

Obxectivos:

Obter unha formación mínima para o persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia na sección do persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais

Contido:

MODULO 1. ASPECTOS XERAIS (6 horas)
Tema 01 - Aspectos xerais
Tema 02 - Autoprotección e conduta P.A.S
Tema 03 - Avaliación inicial do doente

MÓDULO 2. SITUACIÓNS DE RISCO VITAL (8.30 horas)
Tema 04 - Soporte Vital Básico e DESA
Tema 05 - Hemorraxias e shock

MÓDULO 3. OUTRAS SITUACIÓNS DE URXENCIA (6.15 horas)
Tema 06 - Feridas e contusións
Tema 07 - Queimaduras e termorregulación
Tema 08 - Traumatismos osteoarticulares

MÓDULO 4. RECURSOS PRÁCTICOS EN PRIMEIROS AUXILIOS (4.15 horas)
Tema 09 - Mobilización e evacuación de feridos
Tema 10 – A caixa de primeiros auxilios

Destinatarios:

- Auxiliar de información e primeiros auxilios en EAN
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl

Destinatarios específicos:

Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).

Requisitos:

1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.

Inscrición:

gratuita
DOG NÚM 74 - 18/04/2023

Publicacións admitidas:

RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente, de non facelo así será penalizado coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de 6 meses.

Requests:

Base Decimotercera da convocatoria:
Inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.
Sempre e cando a persoa solicitante da inscrición cumpra os requisitos establecidos no artigo 6 do Decreto 152/2021, do 21 de outubro, polo que se regulan as condicións para o exercicio profesional das actividades de socorrismo acuático, información e primeiros auxilios nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia, a obtención do certificado de aproveitamento do curso acredita a formación mínima para a inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia na sección de “Persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais”.