Condución de vehículos todoterreo

Código:

232074

Data de inscrición:

11/03/2023 - 20/03/2023

Número da edición:

2

Horas docentes:

20

Prazas:

16

Modalidade:

Semipresencial (en liña + presencial)

Data Inicio - Fin:

05/04/2023 - 24/04/2023

Lugar:

Carballo (Coruña, A)

Localización:

AGASP

Aula/local:

TEORIA en liña / PRÁCTICA presencial CANTEIRA MONTE NEME, Parroquia de Razo, Concello de CARBALLO

Horario:

TEORÍA en liña: 5 ao 16 abril (horario segundo as necesidades do alumno) / PRÁCTICA presencial: 21 abril de 9.00-14.00 e 15.30-18.30/ EXAME: en liña o 24 de abril

Días:

05/04/2023 ao 24/04/2023

Obxectivos:

Adquirir os coñecementos teórico-prácticos necesarios para conducir con maior seguridade os vehículos todoterreo empregados na prestación do servizo público

Contido:

TEORÍA (12 horas)
Módulo 1: Introdución
Módulo 2: Antes de saír
Módulo 3: Coñecemento do vehículo
Módulo 4: Técnicas de condución 4x4

PRÁCTICA (8 horas)
Módulo 5: Condución en circuíto

Destinatarios:

- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl

Destinatarios específicos:

Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).

Requisitos:

1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
c) Os/as solicitantes deberán ter o permiso de conducir B
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3. Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning) para parte en liña
4. Uniformidade na parte presencial

Inscrición:

Gratuita
DOG NÚM. 49 - 10/03/2023
Cambio de lugar prácticas por Resolución Director

Publicacións admitidas:

RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente, de non facelo así será penalizado coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de 6 meses.