Accidentes na estrada

Código: 232063
Data de inscrición: 11/03/2023 - 20/03/2023
Número da edición: 1
Horas lectivas: 34
Prazas: 30
Modalidade: Semipresencial (en liña + presencial)
Data inicio - fin: 09/05/2023 - 05/06/2023
Lugar: Padrón (Coruña, A)
Localización: AGASP
Clase ou local: PRÁCTICA: Base GES Padrón - rúa Circular Oeste - 43 - Polígono Industrial Pazos - Padrón
Horario: TEORÍA en liña: 9 maio ao 2 xuño (horario segundo as necesidades do alumno) / PRÁCTICA presencial: 3 de xuño: 9.00-14.00 e 15.00-19.00 / EXAME: en liña o 5 de xuño
Días: 09/05/2023 ao 05/06/2023
Obxectivos:
Adquirir a formación necesaria na prevención e na intervención en accidentes de tráfico.
Contido:
Módulo 1: Introdución, conceptos xerais (7 horas)
Módulo 2: Primeiros auxilios (12 horas)
Módulo 3. Excarceración, mercadorías perigosas e accidentes con risco ambiental (15 horas)
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).

Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3) Para os cursos semipresenciais: os requirimentos técnicos para a formación en liña.
4) Uniformidade na parte presencial
Inscrición:
Gratuita
DOG NÚM. 49 - 10/03/2023
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente, de non facelo así será penalizado coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de 6 meses.