Loita contraincendios en buques atracados a porto

Código: 232057
Data de inscrición: 04/03/2023 - 13/03/2023
Número da edición: 1
Horas lectivas: 40
Prazas: 40
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 27/03/2023 - 31/03/2023
Lugar: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Localización: Porto de Vilagarcía de Arousa
Clase ou local: AUTORIDADE PORTUARIA DE VILAGARCIA -PEIRAO DE PASAXEIROS 1
Horario: 10.00-14.00 e 16.00-20.00
Días: 27, 28, 29, 30 e 31 de marzo de 2023
Contido:
MÓDULO I
- Introdución. Disposición Xeral. Tipos de buques/amarres. Accesos
- Buques petroleiros
- Materiais estruturais e non estruturais (forrados, etc)
- Exercicio práctico
MÓDULO II
- Mercadorías Perigosas
- Buques portacontedores e buques IGF
- Buques con propulsión nuclear
- Buques que transportan cargas de material radioactivo
MÓDULO III
- Buques de carga rodada (RO-RO)
- Formación ás tripulacións
- Casos reais
MÓDULO IV
- Buques de pasaxe
- Sistemas contraincendios a bordo
- Principios básicos de estabilidade e flotabilidade en buques
- Plans de emerxencia en portos
MÓDULO V
- Buques gaseiros
- Casos reais
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Requisitos:
CRITERIOS DE SELECCIÓN:
1º. De acordo co artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, en cada edición do curso reservarase un cincuenta por cento das prazas para mulleres que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria.
2º Reservarase un 80% das prazas as persoas que teñan o centro de traballo no concello onde se realice o curso.
3º Teñen preferencia as persoas que teñan o centro de traballo na provincia onde se realice o curso.
4º. Teñen preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos.
5º. Teñen preferencia as solicitudes por orde de presentación.
Cando no proceso de selección non se completasen as reservas establecidas nos puntos 1º e 2º, ditas reservas, de existir suficiente número de solicitantes, completaranse co resto de solicitudes.
Unicamente serán seleccionadas aquelas persoas que non realizaran o curso solicitado nos últimos cinco anos.
Inscrición:
gratuita
DOG 44 - 03/03/2023
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente, de non facelo así será penalizado coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de 6 meses.