Actuación inicial coas vítimas de violencia de xénero

Código:

232013

Data de inscrición:

28/02/2023 - 09/03/2023

Número da edición:

1

Horas docentes:

20

Prazas:

40

Modalidade:

En liña

Data Inicio - Fin:

26/04/2023 - 19/05/2023

Aula/local:

curso en liña a través da plataforma da Agasp (https://formacion-agasp.xunta.gal)

Horario:

segundo disposición e necesidade do alumnado

Días:

26/04/2023 ao 19/05/2023

Obxectivos:

- Formar ao colectivo de protección civil para intervir coa muller ou fillos/as vítimas dunha situación de violencia de xénero
- Ffacilitar uns coñecementos básicos que permitan coñecer e entender a dinámica deste tipo de violencia, para así desenrolar o/a actuante maior sensibilización e empatía cara as vítimas da mesma.

Contido:

MÓDULO I. INTRODUCIÓN E CONCEPTOS BÁSICOS (10 horas)
- O fenómeno da Violencia de Xénero
- Dinámica e tipos de violencia
- Mitos e realidades
- Indicadores para a detección desta violencia
- Dereitos das mulleres vítimas

MÓDULO 2. PRIMEIRAS ACTUACIÓNS (10 horas)
- Atención inicial das vítimas
- Vitimización
- Pautas de comunicación
- Actuación con vítimas con diversidade funcional
- Atención integral das vítimas
- Introdución á protección
- Medidas de autoprotección das vítimas

Destinatarios:

- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl

Destinatarios específicos:

Voluntarios de AVPC de Galicia

Requisitos:

1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3. Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning)

Inscrición:

Gratuita

DOG núm 40 – 27/02/2023

Publicacións admitidas:

RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente, de non facelo así será penalizado coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de 6 meses.