Básico de protección civil

Código:

232011

Data de inscrición:

28/02/2023 - 09/03/2023

Número da edición:

9

Horas docentes:

32

Prazas:

25

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

29/04/2023 - 07/05/2023

Lugar:

Marín (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Aula CEMIT - PO-11, 6, 36900 Marín, Pontevedra

Horario:

10:00-14:00/15:30-19:30

Días:

29, 30 de abril, 6 e 7 de maio de 2023

Obxectivos:

Adquirir a formación básica necesaria para o exercicio das funcións de protección civil.

Contido:

- Módulo I: A Protección Civil (4 horas)
- Módulo II: Os riscos, accidentes e autoprotección (6 horas)
- Módulo III: Loita contra os incendios (8 horas)
- Módulo IV: Comunicacións (4 horas)
- Módulo V: Actuacións básicas ante emerxencias médicas (8 horas)
- Módulo VI: Igualdade de oportunidades (2 horas)

Destinatarios:

- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Candidato/a a voluntario

Destinatarios específicos:

Persoal de ingreso nas agrupacións de voluntarios de protección civil.
Este persoal forma parte do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia).

Requisitos:

1. Estar inscrito como candidato/a a voluntario/a na correspondente AVPC do Rexisro de Voluntarios de Galicia.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.

CRITERIOS DE SELECCIÓN:
1º. De acordo co artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, en cada edición do curso reservarase un cincuenta por cento das prazas para mulleres que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria.
2º Reservarase un sesenta por cento das prazas as persoas que pertenzan á AVPC do concello onde se realice o curso.
3º. Teñen preferencia as persoas con residencia na provincia onde se realice o curso.
4º. Teñen preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos.
5º. Teñen preferencia as solicitudes por orde de presentación.
Cando no proceso de selección non se completasen as reservas establecidas nos puntos 1º e 2º, ditas reservas, de existir suficiente número de solicitantes, completaranse co resto de solicitudes.

Inscrición:

Gratuita

DOG núm. 40 - 27/02/2023

Publicacións admitidas:

RENUNCIAS
- O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
- A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.
As renuncias con menos de 3 días hábiles de antelación ao comezo do curso teñen que ser xustificadas documentalmente.