1ª práctica Plan anual de adestramento regulamentario para a seguridade no manexo das armas

Código:

231090

Número da edición:

1

Horas docentes:

500

Prazas:

0

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

21/03/2023 - 25/04/2023

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Obxectivos:

– Facilitar o cumprimento do disposto no artigo 11.4 da Lei 4/2007, de coordinación de policías locais.
– Dispoñer de persoal actualizado nas prácticas de armamento e tiro policial de defensa.
– Controlar a práctica anual e regulamentaria do cadro de persoal, mediante un control e unha cartilla de tiro individual.
– Establecer distintos niveis para categorías de tirador, segundo a seguridade e habilidade que demostre no manexo das armas.

Destinatarios:

- Corpos de Policía Local

Destinatarios específicos:

A actividade vai dirixida aos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan interese en cumprir co disposto no artigo 11.4 da Lei 4/2007, relativo a garantir unha adecuada preparación no uso da arma regulamentaria para o persoal dos corpos de policía local.
Para tal fin, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública establece un plan anual de adestramento, no cal se inclúen dúas prácticas anuais para o persoal dos
concellos interesados.

Inscrición:

Para inscribirse no plan anual de adestramento regulamentario para a seguridade no manexo das armas hai que remitir debidamente cumprimentado o formulario de inscrición que aparece no apartado de documentación

Requests:

Os concellos interesados deberán remitir o formulario que está na páxina web http://agasp.xunta.gal á Academia Galega de Seguridade Pública, antes do día 17 de marzo de 2023.
As solicitudes deberán presentarse a través do correo electrónico formacion.agasp@xunta.gal, indicando no asunto: Plan de tiro 2023, ou ben a través do rexistro electrónico.
As solicitudes deberán estar autorizadas pola alcaldía, concellaría ou xefatura de persoal, segundo proceda.
Todos aqueles concellos que adquirisen recentemente armas regulamentarias para a policía local terán preferencia para efectuar as prácticas regulamentarias, indispensables para un mellor coñecemento da nova arma e a adquisición da destreza suficiente para o seu manexo coa seguridade e habilidade necesarias.