Ocupación de vivendas

Código:

231062

Data de inscrición:

11/03/2023 - 17/03/2023

Número da edición:

1

Horas docentes:

20

Prazas:

35

Modalidade:

En liña

Data Inicio - Fin:

20/03/2023 - 14/04/2023

Aula/local:

curso en liña a través da plataforma da Agasp

Horario:

segundo disposición e necesidade do alumnado

Días:

Do 20.03.2023 ao 24.03.2023. Do 27.03.2023 ao 31.03.2023 e do 10.04.2023 ao 14.04.2023

Obxectivos:

Monográfico de estudo do fenómeno de ocupación ilegal de inmobles, que tanta relevancia está adquirindo nos últimos tempos no eido da actuación dos corpos de seguridade. Trátase con este curso de analizar os dous tipos penais básico en que se pode incorrer con estas conductas (allanamiento de morada e usurpación), coñecendo os seus elementos definitorios básicos xunto coa xurisprudencia relacionada.
Da mesma forma estudaremos cal debe ser a correcta actuación policial en casos de ocupación ilegal, cómo debemos conducir unha investigación de estas características e que elementos e información debemos incluír nos nosos atestados, seguindo as instrucións dadas pola Fiscalía Xeral do Estado e a Secretaría de Estado de Seguridade.
Tomarase conciencia da problemática social ligada ó fenómeno da ocupación de inmobles e á controvertida figura do desaloxo.

Contido:

•Regulación penal. Tipos delituosos de: allanamiento de morada e usurpación. As súas características
•Instrucións da Fiscalía Xeral do Estado e da Secretaría de Estado de Seguridade
•Papel da autoridade xudicial e do ministerio fiscal nos procesos de ocupación. O desaloxo como medida cautelar
•Estudio das distintas tipoloxías de ocupación e cal debe ser a actuación policial en cada unha de elas.
•Instrución de dilixencias policiais en casos de ocupación. Que debemos incluír no atestado. Xestións da investigación. Traballo previo de prevención
•Resolución casos prácticos/xurisprudencia

Destinatarios:

- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia