Trato e intervención con persoas con discapacidade intelectual

Código: 231053
Data de inscrición: 11/03/2023 - 17/03/2023
Número da edición: 2
Horas lectivas: 8
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 15/06/2023 - 15/06/2023
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 3
Horario: De 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.30 horas
Días: 15.06.2023 en horario de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.30 horas
Obxectivos:
Capacitar a corpos de seguridade no trato e intervención con persoas con discapacidade intelectual e outras discapacidades comórbidas.
Contido:
1. Introdución ao traballo policial con persoas con discapacidade intelectual. Os corpos de seguridade como axentes de intervención comunitarios na atención a persoas con discapacidade.
2. Información sobre a discapacidade intelectual.
3. Información sobre outros tipos de discapacidade que afectan ás persoas con discapacidade intelectual.
4. Dereitos das persoas con discapacidade.
5. A comunicación con persoas con discapacidade. Como detectar e atender necesidades de apoio nas situacións nas que poden interactuar cos corpos de seguridade.
6. Recursos comunitarios de atención ás persoas con discapacidade.
Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia