Primeiros auxilios

Código:

222244

Data de inscrición:

17/10/2022 - 28/10/2022

Número da edición:

17

Horas docentes:

12

Prazas:

25

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

22/03/2023 - 23/03/2023

Lugar:

Pontevedra (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Días:

22/03/2023 ao 23/03/2023

Contido:

1. Buscar signos de alteracións orgánicas según os protocolos establecidos, para a valoración inicial do accidentado, como primeiro interviniente (2 horas)
2. Asistir ao accidentado con manobras de soporte ventilatorio e/ou circulatorio básico, para manter ou recuperar as constantes vitais, conforme a protocolos establecidos (2 horas)
3. Prestar a atención inicial ao accidentado, aplicando os primeiros auxilios iniciais en situacións de emerxencia que non impliquen unha parada cardiorespiratoria, para manter as constantes vitais segundo o protocolo establecido (2 horas)
4. Aplicar as técnicas de mobilización e inmobilización ao accidentado, e no seu caso intervindo cos primeiros auxilios, para asegurar o posible traslado (3 horas)
5. Intervir con técnicas de comunicación e apoio emocional ao accidentado, familiares e implicados na situación de urxencia seguindo os protocolos establecidos, para facilitar a asistencia, traslado e minimizar os riscos (3 horas)

Destinatarios:

- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia

Destinatarios específicos:

Persoal laboral do Servizo de Prevención de Incendios Forestais da Xunta de Galicia
Técnicos dos distritos forestais e dos servizos provinciais de Prevención de Incendios Forestais / Servizos Centrais
Xefes dos distritos forestais e dos servizos provinciais de Prevención de Incendios Forestais / Servizos Centrais
Axentes forestais e axentes facultativos medioambientais dos distritos forestais

Requisitos:

CRITERIOS DE SELECCIÓN: en relación aos cursos publicados o pasado 24/09/2020, ao abeiro do Convenio de Colaboración entre a AGASP e a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, proponse o seguinte procedemento para a selección do alumnado:
1. Aplicaralle as solicitudes os seguintes criterios de selección:
1º. De acordo co artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, en cada edición do curso reservarase un 50 % das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.
2ª.- Menor números de cursos feitos na Agasp non últimos 2 anos.
3ª. Teñen preferencia as solicitudes por orde de presentación

Inscrición:

gratuita

Publicacións admitidas:

RENUNCIA
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal