Básico de motoserras

Código:

222231

Data de inscrición:

22/09/2022 - 30/09/2022

Número da edición:

2

Horas docentes:

16

Prazas:

20

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

25/10/2022 - 26/10/2022

Lugar:

Cerdedo-Cotobade (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

casa-escola parroquia de Borela

Horario:

25/10 (09:00-14:00 e 15:30-18:00) 26/10 (09:00-14:00 e 15:30-19:00)

Días:

25 e 26 de outubro de 2022

Obxectivos:

Adquirir a formación necesaria para participar con seguridade en intervencións de retirada de emerxencia de árbores caídas ou pólas de árbores desprendidas.

Contido:

1. Epi´s (Seguridade), gama de roupa existente para o traballo con motoserra, tipos e vantaxes (2 horas)
2. Preparación e elección da máquina para o seu uso e para o
traballo ao que vai destinado (1 hora)
3. Traballos con risco de retroceso (2 horas)
4. Corta de árbores (2,30 horas)
5. Técnicas avanzadas para talla e derriba de árbores (4 horas)
6. Derrame. Conceptos básicos (1 hora)
7. Técnicas para un derrame eficaz (2 horas)
8. Conceptos básicos para o mantemento da máquina,
lubricantes, filtros, afiado 1;30 horas)

Destinatarios:

- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl

Destinatarios específicos:

Voluntarios en activo dunha avpc de Galicia


Requisitos:

1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso
3) EQUIPAMENTO a traer polo alumnado. Uniformidade: É obrigatorio asistir ao curso co uniforme de traballo e provisto dos seguintes equipos de protección individual (EPI’S).
a. Bota de media cana con punteira de seguridade e plantilla antipunzamento.
b. Casco F2 Gallet, HPS3000 ou similar.
c. Luvas de seguridade.
d. Pantalón de protección.
As persoas que incumpran esta norma poderán ser dadas de baixa na actividade.

Inscrición:

Gratuita

Publicacións admitidas:

RENUNCIAS
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de 3 días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.