Busca de persoas desaparecidas

Código: 222223
Data de inscrición: 01/09/2022 - 30/09/2022
Número da edición: 6
Horas lectivas: 20
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 17/12/2022 - 18/12/2022
Lugar: Cortegada (Ourense)
Localización: AGASP
Clase ou local: Casa do Concello de Cortegada - rúa Otero Novas, 1, 32200 - Cortegada
Horario: 17/12 (09:00 -15:00 e 16:00 - 20:00) - 18/12 (09:00 - 14:00 e 15:00 - 20:00)
Días: 17 e 18 de decembro de 2022
Contido:
Módulo I: Marco legal e obxectivos (2 horas)
Módulo II: Investigación correspondente ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (2 horas)
Módulo III: Utilización de cans na busca (6 horas)
Módulo IV: Organización do voluntariado de protección civil (5 horas)
Módulo V: Drons e novas tecnoloxías (5 horas)
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.

UNIFORMIDADE:é obrigatorio asistir ao curso co uniforme de traballo de proteción civil. O voluntariado que incumpla esta norma poderá ser dado de baixa da actividade.
Inscrición:
gratuita

DOG 165 - 31/08/2022
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.