Licenza de navegación

Código:

222153

Número da edición:

11

Horas docentes:

6

Prazas:

5

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

25/06/2022 - 25/06/2022

Lugar:

Castrelo de Miño (Ourense)

Localización:

Clube náutico Castrelo Avda. do Concello nº 2, Cortiñas. 32430

Aula/local:

Clube nautico Castrelo Avda. do Concello nº 2, Cortiñas. 32430

Horario:

tarde de 15.00-21.00

Días:

25 de xuño de 2022

Obxectivos:

Adquirir coñecementos de navegación, así como a capacitación necesaria para poder pilotar unha embarcación no desenvolvemento das funcións encomendadas.

Contido:

TEORÍA (2 horas)
a) Introdución aos contidos prácticos
b) Limitacións á navegación en praias non balizadas, balizadas e as súas canles de acceso
c) Normativa respecto ao tráfico marítimo e navegación interior nos portos.
d) Marcas laterais da rexión
e) Forma de gobernar a embarcación para evitar balances e cabezadas e importancia de non atravesarse ao mar
f) Nocións básicas para o uso dunha estación de radio VHF portátil, limitándose ao coñecemento da canle 16, o seu uso en caso de emerxencia e as comunicacións básicas de rutina, así como a forma de contactar con Salvamento Marítimo
PRÁCTICA (4 horas)
a) Seguridade e comprobacións antes de saír ao mar. Coñecemento e manexo do material de seguridade, revisión dos puntos críticos da embarcación e comprobacións previas á saída ao mar
b) Motores: identificación dos elementos da instalación propulsora. Arranque do motor e comprobacións de funcionamento
c) Manexo de cabos e nós básicos
d) Manobras: manobras en dársena, atracadas e desatraques. Velocidade de seguridade
e) Fondeo, vixilancia e control da derrota: manobra de fondeo e virado da áncora. Precaucións con bañistas e mergulladores.
f) Manobras de seguridade

Destinatarios:

- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl

Destinatarios específicos:

Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).

Requisitos:

1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.

Inscrición:

gratuita

convocatoria

Publicacións admitidas:

RENUNCIAS
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.