Superior de investigación de incendios forestais

Código:

222144

Data de inscrición:

30/04/2022 - 05/05/2022

Número da edición:

1

Horas docentes:

120

Prazas:

62

Modalidade:

Semipresencial (en liña + presencial)

Data Inicio - Fin:

12/05/2022 - 30/06/2022

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Sala de Conferencias - día 28/06 Salón de Actos

Horario:

Este curso é presencial + en liña (teleformación e telepresenza) - HORARIOS e datas de cada modalidade por determinar

Días:

12 de maio ao 30 de xuño de 2022

Contido:

Módulo 1. Situación da investigación en Galicia (2,5 horas)
Módulo 2. Metodoloxía na investigación de incendios forestais (BIIF-UIFO) (2,5 horas)
Módulo 3. Metodoloxía e procedemento de traballo da Policía autonómica (3 horas)
Módulo 4. Metodoloxía e procedemento de traballo do Seprona (3 horas)
Módulo 5. Fundamentos psicosociais das entrevistas (5 horas)
Módulo 6. Comunicación verbal e non verbal policial. Indicadores verbais e non verbais sobre unha declaración (5 horas)
Módulo 7. Recollida de delaracións a testemuñas e presuntos autores dos feitos (5 horas)
Módulo 8. Rastrexo no medio natural. Marcas e sinais humanas e de animais (20 horas)
Módulo 9. Redacción policial de atestados e informes. Recollida de mostras (4 horas)
Módulo 10. Investigación de causas en outras rexións (9 horas)
Módulo 11. Análise de incendios forestais. Identificación e anticipación de situacións de risco en zonas con actividade incendiaria. Procesado e filtrado de información. Xestión da información (6 horas)
Módulo 12. A meteoroloxía na investigación de causas (6 horas)
Módulo 13. Aplicacións informáticas de apoio á investigación de incendios (5 horas)
Módulo 14. Simuladores de comportamento do lume (5 horas)
Módulo 15. Emprego de RPAS en investigación de incendios (4 horas)
Módulo 16. Uso de cámaras de fototrampeo (2 horas)
Módulo 17. Procedemento xudicial (3 horas)
Módulo 18. Casos prácticos de investigación (5 horas)
Módulo 19. Leccións aprendidas na investigación de incendios (5 horas)
Módulo 20. Rastrexo práctico (10 horas)
Módulo 21. Simulacros de investigación (10 horas)

Destinatarios:

- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Axentes Facultativos Medioambientais da Consellería de Medio Rural
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Axentes Forestais da Consellería de Medio Rural

Destinatarios específicos:

1) 15 prazas reservadas a axentes que pertenzan á unidade UIFO
2) 22 prazas a axentes forestais e axentes facultativos medioambientais da C. de Medio Rural segundo baremo
3) 10 prazas para a UPA
4) 1 praza para a Garda Civil (SEPRONA)

Requisitos:

TÍTULOS DE FORMACIÓN RECIBIDA EN MATERIA DE INVESTIGACIÓN DE INCENDIOS.
1. FORMACIÓN RECIBIDA DESDE O 01/01/2019 ATA A ACTUALIDADE:
- Valorarase con 0,5 puntos cada curso recibido desde o 01/01/2019, relacionado coa investigación de incendios forestais, que conte cunha duración igual ou superior a 40 horas.
- Valorarase con 0,2 puntos cada curso recibido desde o 01/01/2019, relacionado coa investigación de incendios forestais, que conte cunha duración igual ou superior a 20 horas e inferior 40 horas.

2. FORMACIÓN RECIBIDA ANTES DO 01/01/2019:
- Valorarase con 0,25 puntos cada curso recibido con anterioridade ao 01/01/2019, relacionado coa investigación de incendios forestais, que conte cunha duración igual ou superior a 40 horas
. - Valorarase con 0,1 puntos cada curso recibido con anterioridade ao 01/01/2019, relacionado coa investigación de incendios forestais, que conte cunha duración igual ou superior a 20 horas e Inferior 40 horas.

3. EMPATE
No caso de empate terá prioridade o persoal con maior antigüidade na administración autonómica

De acordo co artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, reservarase un 50 % das prazas para mulleres que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria

Inscrición:

gratuita

Publicacións admitidas:

RENUNCIAS
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal

Requests:

TÍTULOS DE FORMACIÓN RECIBIDA EN MATERIA DE INVESTIGACIÓN DE INCENDIOS.
Todos os solicitantes poderán enviar a documentación xustificativa a través do correo electrónico coordinacion-medios.medio-rural@xunta.gal . É requisito acreditar formación recibida en investigación de incendios forestais para os axentes forestais e axentes facultativos medioambientais non UIFO