Busca de persoas desaparecidas

Código:

222129

Data de inscrición:

12/03/2022 - 18/03/2022

Número da edición:

4

Horas docentes:

20

Prazas:

20

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

14/05/2022 - 15/05/2022

Lugar:

Rúa, A (Ourense)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Centro Cultural Avenida, Rúa do Progreso, 90, 32350 A Rúa (Ourense)

Horario:

14 maio (09.00 a 15.00 - 16.00 a 20.00), 15 maio ( 09.00 a 14.00 - 15.00 a 20.00)

Días:

14 e15 de maio de 2022

Contido:

Módulo I: Marco legal e obxectivos (2 horas)
Módulo II: Investigación correspondente ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (2 horas)
Módulo III: Utilización de cans na busca (6 horas)
Módulo IV: Organización do voluntariado de protección civil (5 horas)
Módulo V: Drons e novas tecnoloxías (5 horas)

Destinatarios:

- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl

Destinatarios específicos:

Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).

Requisitos:

1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3. Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning)

Inscrición:

Gratuita

DOG núm 49 - 11/03/2022

Publicacións admitidas:

RENUNCIAS
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.