Desfibrilación semiautomática externa (DESA)

Código: 222125
Data de inscrición: 12/03/2022 - 18/03/2022
Número da edición: 10
Horas lectivas: 5
Prazas: 24
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 23/04/2022 - 23/04/2022
Lugar: Baños de Molgas (Ourense)
Localización: AGASP
Clase ou local: CEIP Baños de Molgas, Estrada OU-0104, 3, 32701 Baños de Molgas, Ourense
Horario: 9.00-14.00
Días: 23 de abril de 2022
Obxectivos:
Adquirir a formación necesaria para a utilización e manexo dos desfibriladores externos, co fin de conseguir:
1.Aumentar as taxas de supervivencia nos pacientes con morte súbita, conseguindo un acceso precoz a un sistema de emerxencias médicas.
2.Acurtar os tempos para realizar reanimación cardiopulmonar e a desfibrilación precoz.
Contido:
a) Teoría (1 hora):
– Cadea de supervivencia
– Parada cardiorrespiratoria
– Resucitación cardiopulmonar básica
– Desfibrilador externo automatizado

b) Práctica (4 horas):
– Resucitación cardiopulmonar básica
– Uso do desfibrilador externo
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia)
Requisitos:
1. Requisitos xerais para voluntarios:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC
c) Maior de idade
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso
Inscrición:
Gratuita

DOG núm 49 - 11/03/2022

Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.GAL cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.