Condución de vehículos todoterreo en asfalto

Código:

222079

Data de inscrición:

16/02/2022 - 25/02/2022

Número da edición:

2

Horas docentes:

12

Prazas:

12

Modalidade:

Semipresencial (en liña + presencial)

Data Inicio - Fin:

11/05/2022 - 19/05/2022

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Práctica: Circuito A Madalena. Soutelo de Montes. Forcarei

Horario:

Teoría en liña / PRÁCTICA: Presencial o día 19: 9.00-14.00 e 15.30-18.30

Días:

do 11/05/2022 ao 19/05/2022

Obxectivos:

Adquirir os coñecementos teórico-prácticos necesarios para conducir con maior seguridade os vehículos todoterreo en asfalto, empregados na prestación do servizo público

Contido:

Módulo I. Características técnicas dos vehículos 4x4
1. O vehículo todoterreo.
- Transferencia de pesos. Centro de gravidade
- Angulo de xiro. Altura libre ao chan
- Dinámica do 4x4
- Tracción 2x4 / 4x4.
- Sistemas de seguridade

Modulo II. Técnica de condución.-
- Ergonomía xeral e específica.
- Técnicas de xiro do volante.
- Posicionamento do vehículo na estrada en base ás distintas circunstancias.
- Trazados e traxectorias, segundo as características da vía e natureza do servizo.
- Uso do freo / acelerador / caixa de cambios.
- Dinámica de pesos.
- Adherencia do pneumático.
- Comportamento direccional do vehículo subviraxe / sobreviraxe con perda e sen perda de adherencia

Destinatarios:

- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl

Destinatarios específicos:

Voluntario de avpc de Galicia

Requisitos:

1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
c) Os/as solicitantes deberán ter o permiso de conducir B
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3. Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning)

Inscrición:

gratuita

DOG NÚM.31 15/02/2022

Publicacións admitidas:

RENUNCIAS
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante