Busca de persoas desaparecidas no medio rural con equipos caninos e outros medios

Código:

222069

Data de inscrición:

16/02/2022 - 25/02/2022

Número da edición:

3

Horas docentes:

20

Prazas:

24

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

18/05/2022 - 20/05/2022

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Aula 4

Horario:

9.30-13.30 e 15.30-19.30 - último día 9.30-13.30

Días:

18, 19 e 20 de maio de 2022

Obxectivos:

A formación de equipos para a procura e salvamento de persoas desaparecidas en áreas rurais

Contido:

1. Introdución
2. Estrutura e composición da procura, planificación, categorías de suxeito desaparecido
3. Área de operacións , estratexias de procura, teoría da procura
4. Equipos de procura e salvamento
5. Comunicacións. Sección sanitaria e Loxística
6. Técnicas indicios á vista
7. Medios auxiliares (unidades caninas, drons , aplicacións geo localización)
8. Equipamento: compás, cartografía e GPS
9. Análise das diferentes estratexias de progreso

Destinatarios:

- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl

Destinatarios específicos:

Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia

Requisitos:

1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.

Inscrición:

gratuita

DOG NÚM.31 15/02/2022

Publicacións admitidas:

RENUNCIAS
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de cubrir a praza vacante