Técnicas de excarceración e extracción de vítimas en accidentes de tráfico

Código: 222057
Data de inscrición: 16/02/2022 - 25/02/2022
Número da edición: 1
Horas lectivas: 25
Prazas: 20
Modalidade: Semipresencial (en liña + presencial)
Data inicio - fin: 21/03/2022 - 01/04/2022
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Teoría en liña - parte presencial Aula externa (aula de madeira) / Aula 10
Horario: TEORÍA (en liña): segundo disposición e necesidade do alumnado / Práctica (presencial) 30 marzo de 09:00 a 14:00 e 15:30 a 17:30 / 31 de marzo e 1 de abril de 09:00-13.30 e 15.30--17.30
Días: do 21/03/2022 ao 01/04/2022
Contido:
Módulo 1: Equipos de protección individual (1 hora)
Módulo 2: Estrutura e compoñentes dos vehículos (1 hora)
Módulo 3: Notificación, desprazamento e sinalización do accidente (1 hora)
Módulo 4: Identificación e desconexión de vehículo con enerxías alternativas (1 hora)
Módulo 5: Elementos, técnicas e manobras de estabilización (1 hora)
Módulo 6: Ferramentas de excarceración. Elementos de protección (4 horas)
Módulo 7: Plans de actuación. Manobras de acceso á vítima.. Extraccións de emerxencia (16 horas)
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Requisitos:
1) Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
2) EQUIPAMENTO que deberá traer o alumnado: casco, gafas de seguridade ou pantalla de protección, traxe de intervención ou funda anticorte, luvas de seguridade e botas de seguridade.
Inscrición:
gratuita

DOG NÚM.31 15/02/2022
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.