Rescate, manexo e contención de animais en emerxencias

Código:

222056

Data de inscrición:

16/02/2022 - 25/02/2022

Número da edición:

1

Horas docentes:

16

Prazas:

24

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

25/04/2022 - 26/04/2022

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Aula 4

Horario:

9.00-14.00 e 15.30-18.30

Días:

do 25/04/2022 ao 26/04/2022

Obxectivos:

familiarizar ao persoal de emerxencias e rescate en técnicas que permitan o manexo adecuado e seguro de animais no seu quefacer diario

Contido:

1-Recordo anatómico-fisiolóxico das especies máis frecuentes a rescatar (cans, gatos, vacas, cabalos, etc).
2-Etoloxía das especies. Manexo.
3-Equipos e técnicas do rescate: situacións de emerxencia.
4-Planificación do rescate.
5-Normativa vixente: seguridade e saúde pública, benestar animal.
6- Prácticas de rescate

Destinatarios:

- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias

Destinatarios específicos:

- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.

Requisitos:

Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.

Inscrición:

gratuita

DOG NÚM.31 15/02/2022

Publicacións admitidas:

RENUNCIAS
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.