Rescate en ríos, riadas e inundacións

Código:

222054

Data de inscrición:

16/02/2022 - 25/02/2022

Número da edición:

1

Horas docentes:

24

Prazas:

20

Modalidade:

Semipresencial (en liña + presencial)

Data Inicio - Fin:

06/06/2022 - 22/06/2022

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Teoría en liña/práctica presencial

Horario:

TEORÍA (en liña) : segundo disposición e necesidade do alumnado /PRÁCTICA: (21 e 22): 9.00-14.00 e 15.00-18.00

Días:

do 06/06/2022 ao 22/06/2022

Obxectivos:

? Coñecemento do medio: Riscos potenciais e oportunidades de rescate.
? Coñecemento dos E. P.I.´ s E E. F.I.´ s específicos empregados no rescate acuático.
? Coñecemento das pautas e medidas básicas de seguridade.
? Coñecemento das técnicas de natación e evolución na auga.
? Coñecemento das técnicas básicas de rescate.
? Coñecemento das medidas básicas de atención a unha vítima.

Contido:

Módulo 1: Coñecemento do medio (1 hora)
Módulo 2: Equipos de protección individual e material de rescate (1 hora)
Módulo 3: Comunicacións (1 hora)
Módulo 4: Filosofía do rescate (1 hora)
Módulo 5: Tácticas de rescate (1 hora teoría + 9 horas prácticas)
Módulo 6: Técnicas evacuación (1 hora de teoría + 3 horas prácticas)
Módulo 7: Ancoraxes no medio natural (1 hora teoría + 1 hora práctica)
Módulo 8: Técnicas de busca (1 hora de teoría + 3 horas prácticas)

Destinatarios:

- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias

Destinatarios específicos:

- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.

Requisitos:

1) Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
2) Todos os participantes deberán ter coñecementos básicos de natación
3) EQUIPAMENTO que deberá traer o alumnado o 2º e o 3º día: escarpíns de neopreno de sola dura, ou na súa falta escarpíns sen sola xunto con botas de trekking ou similar. Opcional: luvas de neopreno.

Inscrición:

gratuita

DOG NÚM.31 15/02/2022

Publicacións admitidas:

RENUNCIAS
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.

Documentación: