Primeiros auxilios

Código:

222014

Data de inscrición:

05/11/2021 - 19/11/2021

Número da edición:

5

Horas docentes:

12

Prazas:

25

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

14/02/2022 - 15/02/2022

Lugar:

Coruña, A (Coruña, A)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Salón de Actos do Edificio Administrativo Monelos. Planta Baixa.

Horario:

Curso pressencial: 8:30 a 14:30 / AULA: Salón de Actos do Edificio Administrativo Monelos. Planta Baixa.

Días:

14 e 15 de febreiro de 2022

Contido:

Módulo 1: Asistir como primeiro interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia
1.1. Buscar signos de alteracións orgánicas segundo os protocolos establecidos, para a valoración inicial do accidentado, como primeiro interveniente (2 horas)
1.2 .Asistir ao accidentado con manobras de soporte ventilatorio e/ou circulatorio básico, para manter ou recuperar as constantes vitais, conforme a protocolos establecidos (3 horas)
1.3. Prestar a atención inicial ao accidentado, aplicando os primeiros auxilios iniciais en situacións de emerxencia que non impliquen unha parada cardiorespiratoria, para manter as constantes vitais segundo o protocolo establecido (3 horas)
1.4. Aplicar as técnicas de mobilización e inmobilización ao accidentado e no seu caso intervindo cos primeiros auxilios, para asegurar o posible traslado (2 horas)
1.5. Intervir con técnicas de comunicación e apoio emocional ao accidentado, familiares e implicados na situación de urxencia seguindo os protocolos establecidos, para facilitar a asistencia, traslado e minimizar os riscos (2 horas)

Destinatarios:

- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Bombeiro/a forestal

Destinatarios específicos:

BOMBEIROS FORESTAIS. Persoal Laboral do Servizo de Prevención de Incendios Forestais da Xunta de Galicia

Requisitos:

CRITERIOS DE SELECCIÓN: en relación aos cursos publicados o pasado 24/09/2020, ao abeiro do Convenio de Colaboración entre a AGASP e a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, proponse o seguinte procedemento para a selección do alumnado:
1. Aplicaralle as solicitudes os seguintes criterios de selección:
1º. De acordo co artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, en cada edición do curso reservarase un 50 % das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.
2º. Teñen preferencia as solicitudes por orde de presentación.
2.- A Dirección Xeral de Defensa do Monte comproba si os inscritos cumpren os requisitos (fundamentalmente a pertenza ao corpo, grupo, escala ou categoría indicados en cada convocatoria).

EXCLUIRANSE as solicitudes de persoas que teñan realizado o mesmo curso nos dous últimos anos.

Inscrición:

gratuita

Publicacións admitidas:

A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal