Formador de formadores

Código:

222001

Data de inscrición:

05/11/2021 - 27/11/2021

Número da edición:

1

Horas docentes:

100

Prazas:

36

Modalidade:

Semipresencial (en liña + presencial)

Data Inicio - Fin:

17/01/2022 - 18/03/2022

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Sala de conferencias

Horario:

PARTE EN LIÑA: o horario é segundo disposición e necesidade do alumnado/TELEPRESENZA: horario que se fixe na plataforma/ PRESENCIAL(na Agasp): horario pendente

Días:

17/01/2022 ao 18/03/2022

Contido:

Módulo 1. O ciclo da aprendizaxe e os seus factores (14 horas)
Módulo 2. Estratexias de formación (21 horas)
Módulo 3. (Teoría) Tipoloxía de persoas e competencias necesarias para ser un bo formador (21 horas)
Módulo 3. (Práctica) A escena (24 horas)
Módulo 4. Planificación xeral da acción formativa en prevención e extinción de incendios forestais (3 horas)
Módulo 5. Elaboración do plan de formación (4 horas)
Módulo 6. Preparación do docente (3 horas)
Módulo 7. Seguimento e avaliación (3 horas)
Módulo 8. (Práctica) Explicación de puntos chave (7 horas)

Destinatarios:

- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia

Destinatarios específicos:

- BOMBEIROS FORESTAIS. Persoal Laboral do Servizo de Prevención de Incendios Forestais da Xunta de Galicia

- Técnicos dos distritos forestais e dos servizos provinciais de Prevención de Incendios Forestais / Servizos Centrais

- Xefes dos distritos forestais e dos servizos provinciais de Prevención de Incendios Forestais /Servizos Centrais

- Axentes forestais e axentes facultativos medioambientais dos distritos forestais

Requisitos:

1. EXPERIENCIA PREVIA EN FORMACIÓN no SPIF
1.1. Valorarase con 5 puntos ao persoal que teña impartido cursos de formación dirixido ao persoal do SPIF desde o 01/01/2019.
1.2. Valorarase con 3 puntos ao persoal que teña impartido cursos de formación dirixido ao persoal do SPIF entre o 01/01/2012 e o 31/12/2019.
1.3. Valorarase con 1 puntos ao persoal que teña impartido cursos de formación dirixido ao persoal do SPIF entre o 01/01/2002 e o 31/12/2012.
2. FORMACIÓN
2.1. Formación recibida desde o 01/01/2019 ata a actualidade:
- Valorarase con 0,5 punto cada curso recibido desde o 01/01/2019, relacionado coa prevención e/ ou extinción de incendios forestais, que conte cunha duración superior a 100 horas.
- Valorarase con 0,2 punto cada curso recibido desde o 01/01/2019, relacionado coa prevención e/ou extinción de incendios forestais, que conte cunha duración superior a 30 horas e inferior 100 horas.
2.2. Formación recibida antes do 01/01/2019:
- Valorarase con 0,25 punto cada curso recibido antes do 01/01/2019, relacionado coa prevención e extinción de incendios forestais, que conte cunha duración superior a 100 horas.
- Valorarase con 0,1 punto cada curso recibido antes do 01/01/2019, relacionado coa prevención e extinción de incendios forestais, que conte cunha duración superior a 30 horas e inferior 100 horas.
3. ANTIGÚIDADE no SPIF
3.1. Valorarase con 0,1 puntos cada ano completo de Prestación de servizo no SPIF.
4. Decreto Lexislativo 2/2015 do 12 de febreiro

Inscrición:

gratuita

Publicacións admitidas:

A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal

Requests:

Todos os solicitantes poderán enviar a DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA, dentro do período de inscrición, a través do correo electrónico: coordinacion-medios.medio-rural@xunta.gal