Subsolo: intervención policial e espazos confinados

Código: 221447
Data de inscrición: 01/12/2022 - 08/12/2022
Número da edición: 8
Horas lectivas: 6
Prazas: 0
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 13/12/2022 - 13/12/2022
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Obxectivos:
A formación para unidades uniformadas resulta imprescindible, xa que deben afrontar a diario problemáticas moi diversas, aplicando para a súa resolución unha normativa cambiante e ampla, sendo a maioría das veces, por non dicir todas, os primeiros en chegar ao lugar dos feitos.
Baixo a anterior premisa, a formación vai dirixida para unha achega xeral sobre as peculiaridades das infraestruturas subterráneas que dominan a reviravolta urbana, algunha delas, ás veces, protagonista dalgunha que outra intervención dos funcionarios que integran o Grupo de Atención ao Cidadán; procurando orientar a formación desde un punto de vista onde se combina a operatividade e sobre todo a seguridade á hora de interactuar cun espazo confinado
Contido:
1-Espazos confinados.
1.1-Identificación.
1.2-Riscos específicos.
1.3-Medidas xerais de protección.
2-Infraestrutura soterrada e subministracións.
3-Intervención en Espazos Confinados.
3.1-Centros de transformación (caídas).
3.2-Centros de transformación (incendio).
3.3-Fugas de gas en domicilios.
3.3.1-Fugas canalizadas (metano).
3.3.2-Fugas presurizadas en recipientes (butano, propano)
3.3.3-Límites inflamabilidade.
3.4-Fosas sépticas.
3.4.1-Definición.
3.4.2-Riscos-gases.
3.4.3-Morte en cadea.
3.4.4-Actuación preventiva. Información de interese para servizos
de rescate.
4-Asistencia a Unidades de Subsolo por incidente en espazo confinado.
5-Uso incipiente do subsolo pola delincuencia. (Entrada e rexistro
en habitáculos soterrados).
6-Medidas de autoprotección #ante unha posible intrusión no
subsolo.
Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia