Operador de inmobilizador electrónico e a súa aplicación na forza

Código: 221308
Data de inscrición: 30/09/2022 - 05/10/2022
Número da edición: 2
Horas lectivas: 12
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 14/11/2022 - 15/11/2022
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 3
Horario: De 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.30 horas
Días: 14 e 15 de novembro en horario de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.30 h. 14 pola mañá e 15 pola tarde todo o alumnado e 14 pola tarde e 15 pola mañá divididos por quendas
Contido:
Parte teórica: (4 horas)
O inmobilizador electrónico e o protocolo sobre o uso da forza.
· Principios básicos no uso da forza.
· Os dereitos humanos e o uso da forza.
· Evolución dos diferentes sistemas no uso da forza.
· Criterios para a utilización de armas non letais.
· Aspectos psico-fisiolóxicos. Características técnicas e funcionamento do inmobilizador electrónico.
· Características técnicas.
· Aspectos xurídico-legais.
· Aspectos médico-legais.
· Aplicación táctica do inmobilizador electrónico.

Parte práctica: (4 horas)
· Distancia e métodos de entrevista.
· Uso alternativo dos elementos de dotación.
· Aplicación práctica do inmobilizador electrónico.
· Distancias e ángulos de aplicación.
· Aplicacións en binomios.
· Aplicación do inmobilizador electrónico por contacto directo.
· Protocolo de extracción de sondas.

Escenarios: (4 horas)
· Escenarios activos con inmobilizador electrónico.
· Simulacións e casos prácticos.
· Avaliación por binomios de carácter práctico.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
Requisitos:
As solicitudes para este curso, deberán ser formuladas polos concellos, e terán preferencia aqueles que acrediten a posesión do inmobilizador electrónico. Cada alumno/a estará dotado/a dun inmobilizador electrónico de adestramento para a realización de prácticas de manipulación, cambio de cargas e intervención policial, que deberán traer do seu concello