A orde de protección
Código:
221181
Data de inscrición:
14/05/2022 - 25/05/2022
Número da edición:
1
Horas lectivas:
30
Prazas:
30
Modalidade:
En liña
Data inicio - fin:
01/06/2022 - 30/06/2022
Obxectivos:
ofrecer un coñecemento teórico-práctico acerca da orde de protección, especialmente trala reforma operada pola Lei Orgánica 8/2015, de 22 xullo, de modificación do sistema de protección da infancia e da adolescencia.
Co fin de mellorar e fomentar a comunicación entre as Forzas e Corpos de Seguridade e o órgano xudicial, procurarase dar resposta a cuestións que adoitan xurdir en relación á solicitude, tramitación e cumprimento das ordes de protección, procurando tamén mellorar a atención á vítima mediante o intercambio de criterios de actuación e de experiencias na materia.

Contido:
TEMA 1: A solicitude da Orde Protección: Que é a orde de protección (OP)? Onde se regula? Quen a pode solicitar? Ante quen se pode solicitar? ¿Como ha de confeccionarse o atestado? Ante quen se presenta a solicitude de OP?
TEMA 2: A tramitación da Orde de Protección: Que Xulgado tramitará a OP? Que dilixencias se practican para decidir sobre a súa adopción? En que consiste a audiencia urxente prevista no art. 544 ter? Que sucede nos casos de incomparecencia a esta audiencia? Cales son os requisitos para a súa adopción? Que medidas se poden acordar na OP? Cal é a súa duración?
TEMA 3: A súa execución. Quen é como vela polo cumprimento da OP? Que sucede en caso de incumprimento das medidas acordadas na OP? Produce efectos fóra de España? Orde Europea de Protección. Cal é a valoración do noso sistema de protección en casos de violencia doméstica e violencia sobre a muller?

Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil - Corpo Nacional de Policía - Corpos de Policía Local - Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia