Trato e intervención de persoas con discapacidade intelectual

Código:

221107

Data de inscrición:

12/03/2022 - 25/03/2022

Número da edición:

1

Horas docentes:

8

Prazas:

20

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

26/05/2022 - 26/05/2022

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Aula 3

Horario:

De 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.30 h.

Días:

26 de maio en horario de 10.,00 a 14.00 e de 15.30 a 19.30 horas

Obxectivos:

- Aportar información xeral sobre a discapacidade intelectual.
- Aportar información xeral sobre outras discapacidades que afectan ás persoas con discapacidade intelectual.
- Xerar un espazo de promoción de sensibilización e empatía co colectivo de persoas con discapacidade.
- Aportar recursos e ferramentas de cara á intervención con persoas con discapacidade, de cara a mellorar unha actuación profesional de calidade.
- Coñecer os recursos comunitarios de atención a persoas con discapacidade.
- Crear un espazo no que compartir experiencias e resolver dúbidas en torno ao trato das persoas con discapacidade.

Contido:

1. Introdución ao traballo policial con persoas con discapacidade intelectual. Os corpos de seguridade como axentes de intervención comunitarios na atención a persoas con discapacidade.
2. Información sobre a discapacidade intelectual.
3. Información sobre outros tipos de discapacidade que afectan ás persoas con discapacidade intelectual.
4. Dereitos das persoas con discapacidade.
5. A comunicación con persoas con discapacidade. Como detectar e atender necesidades de apoio nas situacións nas que poden interactuar cos corpos de seguridade.
6. Recursos comunitarios de atención ás persoas con discapacidade.

Destinatarios:

- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia