Dinámicas, solucións técnicas de extinción de incendios en interiores

Código:

212120

Data de inscrición:

12/10/2021 - 18/10/2021

Número da edición:

1

Horas docentes:

21

Prazas:

16

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

25/10/2021 - 27/10/2021

Lugar:

Salvaterra de Miño (Pontevedra)

Horario:

8.00-15:00

Días:

25, 26 e 27 de outubro de 2021

Contido:

MÓDULO I DINÁMICAS ACTUAIS DOS INCENDIOS
1. Comprensión e interpretación da dinámica actual dos incendios interiores; incendios actuais e equipamentos de protección individual.
• Temperaturas características dos combustibles existentes
• Límites de inflamabilidade e rango de inflamabilidade
• Produtos de combustión
• Pirólise, comprensión e dominio
2. Técnicas de extinción ofensiva. Aplicación de auga, caudais óptimos e caudais críticos en extinción.
3. Uso eficiente da auga como axente extintor. Control de gases.
MÓDULO II SOLUCIÓNS TÉCNICAS AO ATAQUE AO INCENDIO
1. Conciencia situacional fronte a intervención dominada.
2. Conceptos e métodos de ventilación. Procedementos de ventilación de presión positiva (VPP) .
3. Manexo e interpretación de mantas de confinamento (controlo de ventilación) Aplicación / Interpretación / Vantaxes e limitacións.
4. Loita contra incendios con recursos de VPP. Procedementos de VPP.
5. Manipulación e tipos de ventiladores. intervencións con ventiladores de presión positiva
6. Traballo con ventiladores de presión positiva. Ventilación secuencial.
MÓDULO III ATAQUE OFENSIVO EXTERIOR
1. Laboratorio de demostracións de coñecementos e habilidades.
2. Traballo técnico con ventiladores de VPP.
3. . Ataque ofensivo exterior combinado co ataque ofensivo interior.
4. . Análise crítica de escenarios de incendio.
5. Exercicios de ataque ofensivo exterior combinado co ataque ofensivo interior.

Destinatarios:

- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias

Destinatarios específicos:

- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.

Requisitos:

Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.

Inscrición:

Gratuita

DOG 196 - 11/10/2021

Publicacións admitidas:

RENUNCIAS
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de 3 días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.