Primeiros auxilios

Código:

212115

Data de inscrición:

12/10/2021 - 18/10/2021

Número da edición:

1

Horas docentes:

20

Prazas:

24

Modalidade:

Semipresencial (en liña + presencial)

Data Inicio - Fin:

04/11/2021 - 18/11/2021

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

TEORÍA: curso en liña a través da plataforma da Agasp / PRÁCTICA: na Agasp (Tatami/Aula 10)

Horario:

PRÁCTICA (18/11/2021):9.00-14.00 e 15.30-20.30

Días:

do 4/11/2021 ata o 18/11/2021

Obxectivos:

Coñecer o significado da técnica asistencial, evidenciar dominio na práctica das técnicas de rescate e auxilio e coñecer a importancia de traumatismos, queimaduras, conxelacións, tratamentos en caso de infarto, etc e a súa gravidade, así como clarificar a actuación dos voluntarios neste tema

Contido:

1. Socorrismo: aspectos Xerais.
2. Autoprotección. Seguridade na intervención.
3. Avaliación Inicial do doente.
4. Soporte Vital Básico. Reanimación Cardio Pulmonar (RCP) e DESA.
5. Hemorraxias e shock.
6. Feridas e contusións.
7. Queimaduras e alteracións da termorregulación.
8. Traumatismos osteoarticulares.
9. Mobilización, inmobilización e evacuación de feridos.
10. A caixa de urxencias.

Destinatarios:

- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl

Destinatarios específicos:

Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia

Requisitos:

1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3. PARA A PARTE DE TELEFORMACIÓN: Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning)

Inscrición:

Gratuita

DOG 196 - 11/10/2021

Publicacións admitidas:

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.

Requests:

Non está permitida a realización de cursos relacionados na presente convocatoria que teñan simultaneidade nalgunha das súas datas. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia de datas con outro no cal xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles.