Adaptación da actividade física e deportiva para o exercicio profesional do socorrismo en instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia (CAFDO-IA)

Código: 212106
Data de inscrición: 21/09/2021 - 27/09/2021
Número da edición: 4
Horas lectivas: 265
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 11/10/2021 - 01/12/2021
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: salon de actos e piscina (Agasp)
Horario: Proba de natación: 11 de outubro ás 13:00 horas HORARIO CURSO: Venres: 15 h a 20 h. / Sábados;: 9:30 h a 12:30 h. e 14 h a 18 h./ Domingos: 10 h a 14:00 h e 15:30 h. a 20.00 h. e o Luns 01/11/21:
Días: 11 de outubro ao 1 de decembro de 2021
Contido:
1. Proba especifica de natación (120 h)
2. Prevención de situacións de risco e vixilancia instalacións acuáticas (15 h)
3. Intervención e rescate en instalacións acuáticas (25 h)
4. Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias en instalacións acuáticas (25 h)
5. Prácticas profesionais non laborais de socorrismo en instalacións acuáticas (80 h)
Persoas destinatarias:
- Socorrista
Destinatarios específicos:
a) Licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.
b) Técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.
c) Técnico Superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva
Requisitos:
a) Estar en posesión do título de licenciado ou graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e non atoparse inscrito de forma definitiva no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Estar en posesión do título de técnico superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e non atoparse inscrito de forma definitiva no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) O alumnado admitido deberá traer: gorro e gafas de natación, bañador, chanclas, útiles persoáis de aseo
Inscrición:
Gratuita

DOG num 181 - 20/09/2021
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.
Solicitudes:
Durante este prazo de solicitudes achegarán mediante correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal o título de licenciado ou graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte ou de Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.