Grandes incendios forestais - xefes de brigada

Código:

212101

Data de inscrición:

01/09/2021 - 10/09/2021

Número da edición:

2

Horas docentes:

20

Prazas:

50

Modalidade:

En liña

Data Inicio - Fin:

21/10/2021 - 09/11/2021

Aula/local:

curso en liña a través da plataforma da Agasp

Horario:

segundo disposición e necesidade do alumnado

Días:

21/10/2021 ao 09/11/2021

Contido:

1. Lexislación de incendios (1 hora)
2. Comportamento do lume (2 horas)
3. Análise da situación (3 horas)
4. Método Campbell (1,5 horas)
5. Técnicas de extinción (6 horas)
5.1. Traballo con autobombas
5.2. Traballo con maquinaria pesada
5.3. Traballo con medios aéreos
5.4. Uso do lume
6. As comunicacións nos grandes incendios forestais (GIF) (2 horas)
6.1. Funcionamento TETRA
6.2. Organización das comunicacións
6.3. Uso correcto da rede de comunicacións
7. Seguridade nos GIF (2 horas)
8. Conceptos básicos do Sistema de Xestión de Emerxencias (ICS) (2,5 horas)
8.1. Adaptación do ICS aos GIF en Galicia
8.2. Organización dun GIF

Destinatarios:

- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Xefe de brigada

Destinatarios específicos:

Xefes de brigada

Requisitos:

CRITERIOS DE SELECCIÓN: en relación aos cursos publicados o pasado 24/09/2020, ao abeiro do Convenio de Colaboración entre a AGASP e a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, proponse o seguinte procedemento para a selección do alumnado:
1. Aplicaralle as solicitudes os seguintes criterios de selección:
1º. De acordo co artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, en cada edición do curso reservarase un 50 % das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.
2º. Teñen preferencia as solicitudes por orde de presentación.
2.- A Dirección Xeral de Defensa do Monte comproba si os inscritos cumpren os requisitos (fundamentalmente a pertenza ao corpo, grupo, escala ou categoría indicados en cada convocatoria).

EXCLUIRANSE as solicitudes de persoas que teñan realizado o mesmo curso nos dous últimos anos.

Inscrición:

gratuita

Publicacións admitidas:

A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal