Procedemento e responsabilidade dos voluntarios/as de protección civil na regulación do tráfico

Código:

212053

Data de inscrición:

24/08/2021 - 06/09/2021

Número da edición:

2

Horas docentes:

16

Prazas:

30

Modalidade:

En liña

Data Inicio - Fin:

10/11/2021 - 29/11/2021

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Horario:

segundo disposición e necesidade do alumnado

Días:

do 10 ao 29 de novembro de 2021

Contido:

Módulo I: Lexislación sobre regulación do tráfico ( 2 horas)
Módulo II. Lexislación sobre responsabilidade na regulación do tráfico ( 2 horas)
Módulo III. Regulación do tráfico en caso de emerxencia ou accidente ( 3 horas)
Módulo IV. Regulación do tráfico con sinalización circunstancial (3 horas)
Módulo V. Regulación en festas e festexos (1 hora)
Módulo VI. Sinais básicos para regulación do tráfico. Uso do chifre (1 hora)
Módulo VII. Regulación do tráfico en probas deportivas ( 2 horas)
Módulo VIII. Responsabilidades na mala praxe en referencia á regulación do tráfico ( 2 horas)

Destinatarios:

- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl

Destinatarios específicos:

Voluntarios de AVPC de Galicia

Requisitos:

1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3. Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning)

Inscrición:

gratuita

DOG núm 161 - 23/08/2021

Publicacións admitidas:

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.