Adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN)

Código: 212038
Data de inscrición: 09/02/2021 - 26/04/2021
Número da edición: 2
Horas lectivas: 270
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 04/05/2021 - 30/06/2021
Lugar: Sanxenxo (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: EDIFICIO DE USOS MÚLTIPLES DE PORTONOVO
Horario: Martes 4 de maio: 11:00 a 13:00. (Proba específica)/VENRES: 16.00-20.00 / SÁBADOS: 10.00-14.00 e 16.00-19.00/DOMINGOS: 10.00-14.00
Días: 04/05/2021 ao 30/06/2021
Contido:
1. Proba especifica de natación (120h)
2. Prevención de situacións de risco e vixilancia en EAN (20h)
3. Intervención e rescate en EAN (25h)
4. Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias en EAN (25h)
5. Prácticas profesionais non laborais de socorrismo en espazos acuáticos naturais (80h)
Persoas destinatarias:
- Socorrista
- Outros Destinatarios - Outros
Destinatarios específicos:
a) Licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.
b) Técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.
c) Técnico Superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva
Requisitos:
a) Estar en posesión do título de licenciado ou graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e non atoparse inscrito de forma definitiva no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Estar en posesión do título de técnico superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e non atoparse inscrito de forma definitiva no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) O alumnado admitido deberá traer: gorro e gafas de natación, bañador, chanclas, útiles persoáis de aseo
Inscrición:
Gratuita

convocatoria DOG
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.
Solicitudes:
Durante este prazo de solicitudes achegarán mediante correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal o título de licenciado ou graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte ou de Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.