Rescate en ríos, riadas e inundacións

Código:

212030

Data de inscrición:

16/02/2021 - 25/02/2021

Número da edición:

1

Horas docentes:

24

Prazas:

20

Modalidade:

Semipresencial (en liña + presencial)

Data Inicio - Fin:

21/06/2021 - 01/07/2021

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Horario:

Teoría (en liña) do 21 ao 29 de xuño: segundo disposición e necesidade do alumnado / Práctica (30 de xuño e 1 de xullo): 09:00 a 13:30 e 15:00 a 17:30

Días:

dende o 21/06/2021 ata o 01/07/2021

Obxectivos:

- Coñecemento do medio: Riscos potenciais e oportunidades de rescate.
- Coñecemento dos E. P.I.´ s E E. F.I.´ s específicos empregados no rescate acuático.
- Coñecemento das pautas e medidas básicas de seguridade.
- Coñecemento das técnicas de natación e evolución na auga.
- Coñecemento das técnicas básicas de rescate.
- Coñecemento das medidas básicas de atención a unha vítima.

Contido:

Módulo 1: Coñecemento do medio. Riscos específicos do entorno acuático (1 hora)
Módulo 2: Equipos de protección individual específicos do medio acuático (1 hora)
Módulo 3: Normas básicas de seguridade e autoproteción no medio acuático (1 hora)
Módulo 4: Filosofía do rescate (1 hora)
Módulo 5: Comunicacións internas e externas (1 hora)
Módulo 6: Técnicas de rescate en augas rápidas (11 horas)
Módulo 7: Busca de persoas desaparecidas (2 horas)
Módulo 8: Instalacións provisionais de acceso e evacuación con cordas (4 horas)
Módulo 9: Maniobras con embarcación (2 horas)

Destinatarios:

- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias

Destinatarios específicos:

- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios) - 55%
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES) - 30%
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias - 15%

Requisitos:

1) Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
2) Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning)
3) Todos os participantes deberán ter coñecementos básicos de natación
4) EQUIPAMENTO que deberá traer o alumnado (PRÁCTICA): escarpíns de neopreno de sola dura, ou na súa falta escarpíns sen sola xunto con botas de trekking ou similar. Opcional: luvas de neopreno.

Inscrición:

Gratuita

DOG núm 30 - 15/02/2021

Publicacións admitidas:

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.