Técnicas de excarceración e extracción de vítimas en accidentes de tráfico

Código:

212027

Data de inscrición:

16/02/2021 - 25/02/2021

Número da edición:

1

Horas docentes:

25

Prazas:

20

Modalidade:

Semipresencial (en liña + presencial)

Data Inicio - Fin:

08/04/2021 - 16/04/2021

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Horario:

TEORÍA (en liña) do 8 ao 13: segundo disposición e necesidade do alumnado / Práctica (14, 15 e 16): 09:00 a 13:30 e 15:00 a 17:30

Días:

dende o 08/04/2021 ata o 16/04/2021

Contido:

Módulo 1: Equipos de protección individual (1 hora)
Módulo 2: Estrutura e compoñentes dos vehículos (1 hora)
Módulo 3: Notificación, desprazamento e sinalización do accidente (1 hora)
Módulo 4: Identificación e desconexión de vehículo con enerxías alternativas (1 hora)
Módulo 5: Elementos, técnicas e manobras de estabilización (1 hora)
Módulo 6: Ferramentas de excarceración. Elementos de protección (4 horas)
Módulo 7: Plans de actuación. Manobras de acceso á vítima.. Extraccións de emerxencia (16 horas)

Destinatarios:

- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias

Destinatarios específicos:

- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios) - 55%
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES) - 30%
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias - 15%

Requisitos:

1) Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
2) Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning)
3) EQUIPAMENTO que deberá traer o alumnado (práctica): casco, gafas de seguridade ou pantalla de protección, traxe de intervención ou funda anticorte, luvas de seguridade e botas de seguridade.

Inscrición:

Gratuita

DOG núm 30 - 15/02/2021

Publicacións admitidas:

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.