Conducción 4x4

Código: 211382
Data de inscrición: 20/10/2021 - 03/11/2021
Número da edición: 1
Horas lectivas: 16
Prazas: 12
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 15/12/2021 - 16/12/2021
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Sede da AGASP
Horario: 15 decembro de 9.30 a 19.00 h e o 16 de decembro en xornada de mañá e tarde
Días: 15 e 16 de decembro (sede da AGASP) en xornada de mañá e tarde
Obxectivos:
Adestrar ós participantes para que acaden novas técnicas e habilidades para unha conducción segura, e sexan capaces de afrontar o manexo e o dominio do 4x4 ante situacións adversas.
Formar ós traballadores encargados da condución deste tipo de vehículos para que traten de realizar o seu traballo cunha condución responsable, respectando as normas de circulación viaria.
Tentar reducir ó mínimo os riscos laborais dos traballadores que deban usar os vehículos 4x4 como medio para o desenvolvemento ou a realización das súas funcións profesionais.
Sinalar as pecualiaridades da condución neste tipo de vehículo en estrada.
Contido:
Contido teórico:
- Pecualiaridades da conducción dun 4x4 en estrada: transferencia de pesos e centro de gravidade, adherencia do neumático e uso do acelerador
- Coñecemento do 4x4: Uso da tracción, uso da reductora, bloqueo dos diferenciais e uso do winch
- Técnicas de condución en 4x4: Conceptos previos (ángulo ataque, saída, pendentes...), uso do volante, uso do acelerador, o freo ABS e all road e manobras específicas do todoterreo.
Desenvolvemento do contido práctico:
- Series de condución en asfalto seco de 2x4
- Series de condución en asfalto seco de 4x4
- Series de condución en asfalto mollado de 2x4
- Series de condución en asfalto mollado de 4x4
- Zonas all road
- Condución en terra
- Manobras específicas: Ascenso/descenso de pendentes, cruce de pontes, paso de cristas, canles e gabias
Persoas destinatarias:
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia
Destinatarios específicos:
Persoal ao servizo da administración local con postos de traballo que conleven a utilización de vehículos 4x4 e requiran a cirsulación por estradas tanto de carácter urbano como interurbano.
Chóferes e conductores pertencentes ós servizos de parque móbil dos diferentes departamentos das corporacións locais da provincia de ourense.
Policías locais, bombeiros e traballadores dos grupos de intervención rápida e protección civil.