Ocupación ilegal de inmobles

Código: 211311
Data de inscrición: 24/09/2021 - 30/09/2021
Número da edición: 2
Horas lectivas: 20
Prazas: 35
Modalidade: En liña
Data inicio - fin: 18/10/2021 - 21/11/2021
Obxectivos:
Tipos delictivos e actuación policial

Preténdese con este curso facer unha análise do fenómeno da ocupación ilegal de inmobles, que vén dando nos últimos anos en paralelo á crise económica e a determinados cambios sociais.

Os corpos policiais son na maioría dos casos os primeiros en actuar, polo que se estudarán os tipos delictivos básicos relacionados con este fenómeno: delito de allanamiento de morada (artigo 202 CP), delito de usurpación de ben inmoble (artigo 245 CP).

Ademais, analízase a xurisprudencia relacionada e o papel de xuíces e fiscais. O coñecemento de todos estes elementos fará máis fácil a toma de decisións do policía nunha cuestión tan problemática, na que debe ponderarse a protección de distintos bens xurídicos.

A formación vai dirixida a calquera membro das forzas e corpos de seguridade de Galicia que teña que actuar nun caso de ocupación ilegal, ben sexa na recollida de denuncia e confección do correspondente atestado ou ben nunha actuación policial no propio inmoble.
Contido:
1. Que é o fenómeno okupa. Bens xurídicos protexidos. Tipos delictivos relacionados
2. Condutas punibles. Regulación en países da nosa contorna. Outras vías de actuación.
3. Tipoloxías de ocupantes de vivendas. Outros delitos asociados á ocupación.
4. Actuación policial en casos de ocupación ilegal. Que debemos incluír en dilixencias policiais
5. Papel de xuíces e fiscais. O desaloxo como medida cautelar.
6. Resolución de casos prácticos. Xurisprudencia
7. Avaliación
Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia