Captación de imaxes polos corpos policiais

Código:

211129

Data de inscrición:

25/02/2021 - 15/03/2021

Número da edición:

1

Horas docentes:

20

Prazas:

35

Modalidade:

En liña

Data Inicio - Fin:

24/05/2021 - 25/06/2021

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Obxectivos:

Regulación penal e administrativa
Consideracións legais sobre a toma de imaxes de axentes da autoridade no exercicio das súas funcións.
A toma de imaxes por parte dos membros das F e C de seguridade no exercicio das súas funcións policiais xera gran controversia, tendo en conta a distinta e variada regulación administrativa, nalgúns casos de difícil interpretación. Tanto para o policía como para o cidadán, son obxecto de protección nestes casos a intimidade e o dereito da propia imaxe. É por iso que a norma protexe a ambos de forma distinta cando se toman imaxes da súa persoa, aínda que se lles aplica en igualdade de condicións a Lei Orgánica de Protección de Datos.

O fin último é que o policía coñeza con detalle en que casos e de que forma pode obter e tratar imaxes dos cidadáns, ao mesmo tempo que toma conciencia tamén de que grao de protección ten a súa propia imaxe, aínda sendo no exercicio da súa profesión.

A formación vai dirixida a calquera membro das forzas e corpos de seguridade de Galicia que poida ter unha actuación policial na que decida tomar imaxes ou en caso contrario, na que sexa obxecto de gravación.

Contido:

1. Toma de imaxes. A propia imaxe e a intimidade como dereitos constitucionais. Procedemento de protección Lei Orgánica 1/82
2. Protección penal da intimidade. Cando as F e C de seguridade podemos gravar a un cidadán. Regulación na LECRIM e na Lei 4/1997
3. Pode un particular tomar imaxes dun membro das F e C de seguridade prestando servizo. Proxección pública da función policial.
4. Cámaras de seguridade. Límites ao seu uso. Outros supostos: uso de drons, cámaras on board, comunidades de veciños.
5. Resolución de casos prácticos. Xurisprudencia
6. Resolución de casos prácticos. Xurisprudencia
7. Avaliación

Destinatarios:

- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia